Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

Semana do Libro. Charla de Juan Andrés, historiador e escritor.

O pasado martes, 23 de abril, Día do Libro, recibimos a visita de Juan Andrés Fernández Castro, escritor, historiador e amigo do noso centro. Juan Andrés é coordinador da Miscelánea, publicación anual que divulga aspectos varios (historia, arte, literatura, etc.) do Concello da Estrada ao longo da historia e como creador é autor de títulos como Contos para Elliot, o máis recente, Guendufe o anano, Os nomes do vento e Demasiada luz.

Na charla falou da lectura e da escritura. Da súa afección lectora aportou algúns dos títulos que o marcaron e da parte como escritor falounos sobre como é o proceso creador, desde que chega a idea ou as ideas para unha historia ata que esta cristaliza en material literario.

Foi un encontro ben ameno e moi apropiado para a Semana do Libro pois a escrita e a lectura son os elementos que conflúen nun libro . Juan Andrés demostrounos co seu exemplo que, en efecto, son dous procesos que van da man.

Moitas grazas pola visita!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies